Ti elixes

Thursday, November 23, 2006


ALGUNHOS SOÑOS PODEMOS FACELOS REALIDADE... OUTROS NON....
PERO SOLO O SABEREMOS SE O INTENTAMOS....

IMAGEN DE EL SEÑOR DE LOS ANILLOS, LA COMUNIDAD DEL ANILLOS.

Friday, November 03, 2006




AS VECES NON VEMOS O QUE TEMOS DIANTE...
CANDO SOLO HAY QUE MIRAR...
ANQUE ESA MIRADA NON PROVÉN DOS OLLOS.

Thursday, November 02, 2006

eche unha risa



esta imaxe e del señor de los anillos.
se eque eche o que hai,.. que queremos sacalo bachiller??? pois hai que curralo asique padiante jajaja animos a todoooos. erache por poñer algo... bkos a todooos

Monday, October 30, 2006

Esta vez unha mais. temos unha nova fichaxe

Este ano temoslle que dar a benvida a beti que se incorpora o blog. bkos

Arredor de si, de Otero Pedrayo, como o vemos nos

Arredor de si publicase en 1930 conta os sentimentos dos compoñentes do grupo Nós ao galeguismo. O protagonista e Adrian Solovio, cosmopolita, que pretende descubrir a sua identidade. Para isto viaxa por paises de Europa ata vivir unha crise que o leva a volver a Galicia, onde antes de marchar deixara o seu espírito.

A estrutura desta novela culturalista relacionase co relato mitico adaptando o mundo contemporáneo. E o protagonista nun periodo de nove meses coñece experiencias da morte, da sexualidade, e do sagrado. Ao final descobre e valora as propias raices, lembra o seu itinerario de perfeccion como exemplo e ensino para os mais.

beti, silvia, meri, silvi.

Friday, June 30, 2006

Pois na aqui a final de curso

bue pois nada que aqui deixamos esto para desexar boas vacacions a todos os que as collan e tal. bue que nada mais, feliz fin de curso pos do ies marco do camballon e vemonos en segundo bachiller! muakes!

Sunday, September 18, 2005

Contademe iso que tedes ahi

Pois eso que se queredes contar algunha experiencia extraña, de esas que non saberias explicar ou sinxelamente algun soño extraño que tiverades estaria encantada de recibir as vosas respostas. Eu persoalmente escribirei unha cousa moi rara que me sucedeu e que nunca olvidarei.

Era unha noite fria e eu estaba nun campamento coas miñas amigas. Eu non me sentia moi ben asique decidin sair dar unha volta por fora. O caso e que me sentei nunha pedra e de repente vin unha luz na cima dun monte. Eu pensei que terian ali un foco ou algo asi pero despois de manterse por un bo anaco no mesmo sitio vin que a luz se elevaba hacia o ceo. Eu sorprendinme moito e fun chamar por elas pero cando volvemos o sitio xa non habia luz. Foi curioso, moitos dinme que seria un avion que viria hacia min e por eso non o via mover... pero e que non viña hacia min senon seguiria por ahi, ademais levantouse tan lentamente e despois desapareceu tan rapido.... da que pensar. Bueno aqui queda este suceso meu e invitovos a deixar algun asi por aqui. Veña unha aperta a todos os que lestes isto.

Monday, June 13, 2005

Sobre Emily Brontë( por Meri)

Hola amigos eu son Meri, unha das integrantes do grupo. Cada unha de nós ten as suas paixóns. Agora vouvos falar sobre a miña: Emily Brontë. É unha escritora que morreu fai 157 anos. O ano pasado ocorreume unha anecdota relacionada con ela, é a seguinte:
Era un día calquera, era ó atardecer e como non tiña nada que facer, ocorreuseme dar un paseo polo monte, concretamente a Croá, que é unha montaña. Cando cheguei xa case era noite e empezaba a facer frío. Dirixinme á pedra na que me soía sentar. Entón foi cando me sorprendin ó ver unha muller alí sentada. Era ela, Emily, transparente, como un espírito e dixo:
- Por fin, cheguei despois de tanto tempo ás miñas cumbres, a Thornton.
- Non equivocácheste -dixenlle eu.
Entonces cando volvín mirala xa non estaba. Achegueime á pedra e vin algo: un libro. Na portada relucia o título: Cumes borrascosas. Abrino e no seu interior poñia:
- As veces podes confundir as túas cumes.
...

OPINIÓN PERSOAL SOBRE O GALEGO.

Cada unha de nos as tres ten unha opinion distinta sobre o galego, que cremos que son dignas de mención. Gustaríanos compartir convosco, os lectores, as nosas opinions.
Duas de nos somos partidarias de que cada un fale o idioma que queira pero non nos parece ben que xente que naceu no seu pobo deixe de falar o idioma que o rodea. Algo moi importante para nós e que o galego se transimitise de xeración en xeración ata os nosos días, a pesar de que quixeran que non fose asi. Cremos que e un simbolo moi importante de unión, e vos que pensades?